Skip to main content
A Pastoriza

Pódense pedir os permisos para as fogueiras de San Xoán na Pastoriza

Por 17 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello da Pastiza ten aberto o prazo para pedir os permisos para as fogueiras de San Xoán, San Pedro ou solsticio de verán na noite do 23 ao 24 de xuño.

Estas solicitudes deberán pedirse no rexistro municipal antes do 21 de xuño, ambos incluídos, en horario de 9 a 14.00 horas ou de forma telemática.

Para tramitar os permisos é necesario comunicar os datos da persoa responsable do mesmo, nome e apelidos do solicitante, así como o seu número de DNI, o enderezo de residencia e a localización na que se vai a realizar a fogueira.