Skip to main content
Burela

Entregados os premios dos concursos bureleses polo Día para a Eliminación da Discriminación Racial

Por 5 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Burela, a través da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración, vén de facer a entrega de premios dos concursos de Lemas e Debuxos e Pintura que se organizan con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, e que xa van pola oitava edición.

O primeiro premio do concurso de lemas foi para María Oroza Oroza, polo lema “Nun mundo tan particular, ó diferente respetar”, conseguindo un lote valorado en 60 euros.

No caso do certame de debuxo e pintura, o gañador da terceira categoría para participantes de 18 anos en adiante foi José López Losada, indo o segundo premio para a Asociación Saúde Mental A Mariña, con lotes valorados en 50 euros e 30 euros respectivamente.

No acto de entrega de premios estiveron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a edil de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, que felicitaron aos premiados pola súa participación “nestes concursos que son necesarios para transmitir a través da expresión escrita ou gráfica a educación libre de discriminacións raciais, a igualdade de trato e a integración e inclusión de todas as persoas que vivimos aquí”, lembrando “a tremenda riqueza cultural que hai en Burela por contar con multitude de nacionalidades no municipio”.