Skip to main content
Cervo

A protectora de animais Coletiñas de Cervo fará un evento solidario

Por 7 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

A Asociación Protectora de Animais Coletiñas de Cervo celebrará un evento solidario o vindeiro sábado 9 e domingo 10 de xullo en favor da asociación.

Neste evento haberá un sorteo de zocos Eferro, bingos con mariscadas de premio, actuacións musicais e maxia, e tamén globoflexia para os máis pequenos, ademais dun sin fin de sorpresas máis.

Para participar tan só haberá que donar calquer produto dos que necesitan como penso para perros (Brekkies, Bon Menú, ou outros para misturar), penso Ultima junior can, penso de gato Ultima ou calquer outro para colonias felinas, area para gato, papel hixiénico e de cociña, lixivia ou desinfectantes, lavavaixelas. fregonas, escobas, cubos, recolledores e mangos, bridas, pintura para madeira de exterior e barreira de seguridade para nenos ou cans.