Skip to main content
Trabada

Trabada organiza unha programación cultural e lúdica no verán

Por 23 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Trabada organiza unha programación cultural e lúdica no verán. Esta é unha programación para disfrutar de diferentes espectáculos artísticos: concertos musicais, cine, maxia… e está dirixida a tódolos públicos.

Comezará este sábado día 23 de xullo coas actividades fluviais na ría de Abres a partir das 11.00 horas.

Na semana das Festas Patronais empezará o venres 12 de agosto coas actuacións na praza do Concello con Uxía Lambona e a Banda Molona e a noite ás 22:00h teremos a proxección da película Valentina.

O domingo 14 de agosto comezará o día co programa da Deputación de Lugo Saborea a túa Provincia. Trátase dunha xornada gastronómica e lúdica que vai estar amenizada co grupo tradicional Tumba e Dalle e pola tarde ás 18.00 horas contarán coa actuación de Kote Malabar que traerá a maxia a Trabada.

O luns 15 de agosto as 18.00 horas terán a actuación de Mamá Cabra e xa o martes 16 de agosto rematarán co rockeiro e guitarreiro Pakolas.