Skip to main content
Vegadeo

O programa ‘Volver al pueblo’ chega a Vegadeo o vindeiro xoves

Por 18 Xullo, 2022Sin comentarios

O próximo xoves 21 de xullo ás 20.15 horas no salón de Plenos do Concello de Vegadeo, terá lugar, coa colaboración da Fundación Edes, a presentación do programa Volver al pueblo, a través da súa plataforma www.volveralpueblo.org.

Un espazo para visibilizar os recursos que se desexen alugar, vender, ceder, traspasar, etc., información personalizada sobre ofertas de traballo, negocios, vivendas ou oportunidades de formación.

Un programa gratuíto que fomenta a sensibilización e concienciación sobre o despoboamento e a necesidade de emprendemento no mundo rural.

A entrada é libre e aberta a todas aquelas persoas interesadas.