Skip to main content
O Vicedo

A natureza volve dominar as actividades socioculturais do Vicedo para o mes de xullo

Por 7 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello do Vicedo vén de publicar a programación sociocultural prevista para este mes de xullo na que volven os Mércores de natureza, as rutas de sendeirismo e os kaiaks.

Concretamente o 13 de xullo, ás 11.00 horas será a subida do río Sor en kaiaks con saída en furgonetas dende o Porto do Vicedo ata Ribeiras do Sor onde se embarca nos kaiaks para baixar ata o Vicedo. Ten un prezo de 17 euros e unha duración de 2 horas.

O domingo 17 de xullo será a Festa de Turismo Rural qu estará ubicada no parque eólico Riobarba. Esta cita que comezará ás 12.30 horas coa misa na honra de San Vicente de Francos e seguirá cunha degustación de produtos típicos. Xa pola tarde haberá un campionato ecuestre e baile.

Xa o 20 de xullo ás 22.30 horas será a ruta de sendeirismo nocturna ata o miradoiro de Tixoso, un roteiro duns 7 quilómetros. Ao rematar haberá chocolate e cervexa na Bodeguita do Porto por un prezo de 2 euros por persoa.

O mércores 27 de xullo ás 10.00 horas haberá unha Xeoruta polo litoral no que se poderá coñecer as rochas cun pasado de máis de 470 millóns de anos. O punto de encontro será  o aparcadoiro da praia de Area Grande en San Román ás 10.00 horas. Esta é unha actividade gratuíta.

Por último, a fin de semana do 29 e 20 de xullo será a celebración da V Romaxe Viquinga e entre as novidades da programación haberá uns títeres viquingos a cargo de Marionetas Trécola e trátase da Saga de Flinn Havard. Ademais do desembarco, desfiles, música folk, espectáculos de lume, xustas, boda vikinga, etc.

O venres 29 a partir das 20.30 horas será o pregón, os pasarrúas con combates, a ruta dos pinchos e os cantos de taberna co grupo Os do 21. Para a xornada do sábado 30 poderase desfrutar do desembarco viquingo, obradoiros infantís e adultos, demostracións de combates, un mercado de artesanía e espectáculos nocturnos.