Skip to main content
O Vicedo

Nova edición dos mércores de natureza do Vicedo

Por 26 Xullo, 2022Sin comentarios

Nova edición dos mércores de natureza do Concello do Vicedo para este verán. Nesta ocasión o mércores 27 de xullo ás 10.00 horas celebrarase unha ruta xeolóxica que percorre dous puntos moi importantes a nivel xeolóxico na xeografía da mariña.

Comezará na praia de Area Grande para desprazarse despois en coches particulares ata a praia de Xilloi.

A ruta será guiada polo xeólogo Fran Canosa, é gratuita e hai prazas limitadas polo que compre anotarse chamando ao teléfono 982 59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org