Skip to main content
Lugo

O Concello implanta unha plataforma smart para mellorar a toma de decisións municipais

Por 20 Xullo, 2022Xullo 21st, 2022Sin comentarios

A sensórica instalada nos colectores de reciclaxe, na iluminación pública, nas prazas de estacionamento ou mesmo nas cámaras de tráfico, etc, son unha poderosa ferramenta para a obtención de información sobre os hábitos e comportamentos da cidadanía que o Executivo de Lara Méndez quere aproveitar para incrementar a eficacia das prestacións municipais.

Así, a Xunta de Goberno adxudicará mañá a subministración dunha plataforma Smart de xestión integral que aunará todos eses datos estratéxicos da cidade e sobre os que se asentará a toma de decisións coas que a alcaldesa quere dar resposta ás necesidades da veciñanza, en base ao modelo de crecemento sostible que deseñou para Lugo.

A licitación, da que se fará cargo Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones por un importe de 251.585 euros, terá un prazo de 12 meses para a súa instalación e outro de 2 anos para o soporte e mantemento, que poderá ser ampliado ata as 4 anualidades.

A propia rexedora explicou que “esta Plataforma é unha solución tecnolóxica que nos permitirá realizar unha xestión máis eficiente na prestación dos servizos públicos e quemesmo contribuirá a definilos novamente buscando unha reconsideración das relacións coa poboación, o resto de entidades e mesmo co tecido produtivo”.

O novo sistema permitirá conectar todos os elementos e módulos habilitados, así como que se instalen proximamente e que interveñen na captura, tratamento, análise e publicación de información municipal, acilitando a súa conexión con outros sistemas actualmente operativos e mellorando a accesibilidade e a  articipación cidadá.

“De maneira que, logo de avalialos, as conclusións que saquemos nos permitirán abrir novas canles de comunicación, propiciando o coñecemento transversal do estado dos servizos públicos e incrementando a súa capacidade de resposta así como a inmediatez das intervencións que se programen”, engadiu Lara Méndez ao tempo que afirmou que “se trata dun salto cualitativo para a interoperabilidade do Concello no que se tivo en conta, especialmente, a súa integración coas solucións informáticas das que xa dispoñemos”, concluíu a alcaldesa.

Esta actuación se enmarca na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% polos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e ao 20% polo Concello de Lugo.