Skip to main content
Lugo

CCOO denuncia a precariedade laboral dos traballadores de Polusa

Por 22 Xullo, 2022Sin comentarios

A sección sindical de CCOO Polusa denuncia as deficientes condicións laborais dos traballadores de Polusa, cuxas consecuencias recaen directamente nos usuarios. Agora mesmo hai 15 avós da unidade do maior afectados por COVID 19, os traballadores non dan abasto e ante a falta de resposta da compañía acaban chorando de impotencia.

Os 2,5 Auxiliares de Enfermería que hai por quenda, no mellor dos casos  (as veces hai tan só 1), atenden a máis de 20 pacientes (15 deles con COVID)  están desbordados sendo a situación actual de emerxencia.

O mesmo ocorre noutras unidades do hospital. As enfermeiras son suplidas por outros profesionais. Os celadores vense sobrepasados e tamén ven as súas funcións enlongadas fora do seu ámbito, situación que en xeral tamén adoece o persoal administrativo, de limpeza, lavandería, técnicos da unidade radioloxía e de todo o hospital en xeral.

Esta situación tensa ata o extremo a uns profesionais esgotados, que se dividen entre os que aínda ameazan con marchar do hospital e o continuo e incesante pingar de excedencias que se levan sucedendo nos últimos anos, e máis severamente dende que a última dirección tomou as rendas do hospital. Como sempre, os peores parados son os propios pacientes, para maior impotencia dos traballadores.

Queremos dar a voz de alarma porque é moi posible que se non poñemos remedio a esta situación, acabe ocorrendo algunha desgraza e, lamentablemente, como sempre, serán os indefensos, os nosos pacientes e os nosos avós, os que sufran as consecuencias de que Ribera mire para outro lado.

Ante esta precarizada situación, o Comité de Empresa convoca a  Ribera Polusa a unha xuntanza urxente, pero a empresa rexeita reunirse. Non queren saber nada e miran para outro lado, mentres os traballadores desesperados tratan de quitar o traballo adiante como poden.