Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Volve o Milagro de San Vicente

Por 28 Xullo, 2022Xullo 29th, 2022Sin comentarios

Tras dous anos de ausencia pola pandemia, regresa ao centro histórico una das festas máis peculiares da cidade, o Milagre de San Vicente que se celebrará mañá venres as 20:30 na praza do Campo.

Esta divertida tradición fai que, grazas ao patrocinio de Viliga o público disfrute gratuitamente do viño que mana da monumental fonte de San Vicente na praza do Campo de Lugo, onde se repartirán miles de vasos aos asistentes.

Grazas tamén á colaboración da Alcaldía do Concello de Lugo haberá un grupo que poñerá a animación ao evento e que despois seguirá facendo de pasacalles na zona co que a diversión está asegurada.

O mecanismo empregado para facer o “Milagre” é relativamente sinxelo e conta con tres grandes bidóns en que se deposita o viño, que a través de tubos alimentarios sae polos tres caños da fonte barroca de San Vicente. Hai que destacar que o viño non toca a fonte en ningún momento o que repercute tanto nun uso garantista do monumento, como na perfecta hixiene do evento, algo que a Asociación quere coidar  meticulosamente.

Premios de Lugo Monumental:

Como é tradicional, neste acto tamén serán entregados os premios da Asociación Lugo Monumental:

Premio a toda unha vida dedicada á hostalería será entregado póstumamente a Dona Amparo do Río, da Confeitería Conde, polos seus moitos anos á fronte dun establecemento que nos fixo gozar

durante décadas da mellor repostería. Dona Amparo xa non está connosco e aínda que nos queda o consolo da súa alegría ao recibir a noticia do recoñecemento, lamentablemente non poderemos honrala en persoa.Acudirá a súa familia para recoller o distintivo.

O premio ao comercio singular e para a Sucursal. A larguísima traxectoria desta referencia lucense fai que non haxa dubida algunha á hora de destacado ao seguimento das mellores tradicións dos establecementos de proximidade.

O premio socio de honra, por acordo dos asociados, é para José  Piñeiro do Restaurante Tosar, que lamentablemente tamén nos deixou hai poucos meses e que foi un dos máis activos e participativos socios de Lugo Monumenta