Skip to main content
Axenda CaducadaRibeira de Piquín

As festas de Ribeira de Piquín celebraranse esta fin de semana

Por 26 Xullo, 2022Xullo 30th, 2022Sin comentarios

Ribeira de Piquín acolle esta fin de semana os seus festexos con diversas actividades para desfrutar. O venres 29 de xullo terá lugar os cantos de taberna a cargo do grupo Os d’aqui que se poderán desfrutar dende as 20:00 nos bares da localidade.

O sábado 30 as celebraións iniciaranse coa actuación do grupo Eureka na sesión vermú e continuará coa comida a cargo de Pulpeiro na área recreativa. O sábado pola tarde será tempo dos nenos con actividades fluviais gratuitas no Chao do Pousadoiro entre as que poderán desfrutar de kaiaks, paddle surf, tobogáns e rocódromo acuático. Pola noite, no mesmo lugar,  churrascada gratis dende as 22:30 e verbena a cargo da orquestra Cinema e do grupo Eureka.