Skip to main content
Axenda CaducadaRábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Organizan este domingo un bioblitz nas insuas do Miño

Por 9 Xullo, 2022Xullo 10th, 2022Sin comentarios

A Asociación Galega de Custodia do Territorio organiza este domingo, 1o de xullo, un Bioblitz Insuas do Miño, que terá lugar de 10.30 a 18.00 horas.

Un Bioblitz é unha busca intensiva e exhaustiva de especies nunha zona determinada asesorados por naturalistas, biólogos e outros coñecedores da biodiversidade.

Este domingo farase polo tanto un inventario biolóxico co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota das Insuas do Miño.

Comezase a xornada na Casa das Insuas, onde se recibirá a tódolos participantes para posteriormente achegarse ata as Insuas do Miño en vehículos propios para facer diferentes paseos pola zona e observando as diferentes especies de flora, fauna e micobiota das Insuas. Para este evento, usarase a plataforma iNaturalist para rexistrar tódalas especies observadas e contribuír á difusión do coñecemento científico.

Esta actividade encádrase no marco do convenio de custodia do territorio asinado entre AGCT e a Deputación de Lugo, propietaria das Insuas.

É preciso roupa e calzado de campo, auga e comida para o xantar, que faremos nas propias Insuas do Miño.