Skip to main content
Vilalba

Un queixo de Entrepinares elaborada en Vilalba logra un ouro nun concurso internacional

Por 17 Xullo, 2022Sin comentarios

A Crema de Fundido de Tostado de Queserías Entrepinares foi galardoada cun Ouro na categoría Queixos crema untables na 125 edición dos prestixiosos premios International Cheese & Dairy Awards 2022 celebrados en Staffordshire, Reino Unido. O recoñecemento supón todo un éxito para esta nova versión en crema do laureado Queixo Vello Tostado, fabricada en Vilalba conservando o seu característico sabor co extra que lle achega a súa textura e que permite moitas máis formas de consumilo: dippeo, en canapés ou como ingrediente culinario, entre outros.

O xurado tamén situou en primeira posición ao queixo Ovella Cru Anello Seco de Entrepinares, outorgándolle outro Ouro na categoría Queixos Anellos de Leite Cru de Ovella. Este queixo destaca polo seu sabor de elevada intensidade, lixeiramente acedo e salgado, con aroma a leite fresco de ovella.

Os Premios International Cheese & Dairy Awards 2022 son a maior plataforma do mundo para defender aos produtores de queixo e produtos lácteos a nivel mundial e atraen a máis de 5.500 participantes cada ano. O éxito nestes premios supón un recoñecemento de alto nivel polos retallistas de Reino Unido e na escena internacional.

Entrepinares

Grupo Entrepinares, empresa familiar do sector agroalimentario dedicada á fabricación de queixos e derivados lácteos, está a piques de cumprir 40 anos de historia profundamente ligada ao medio rural.

A queixeira naceu en Valladolid da man de Antonio Martín Castro, vinculado ao sector por tradición familiar, co propósito de agregar valor a cada litro de leite a través da elaboración de queixos de alta calidade.

Actualmente conta con catro centros de produción en Valladolid, Fuenlabrada (Madrid), Vilalba e Los Yébenes (Toledo); un centro de loxística e envasado na capital valisoletana; e dúas plantas de tratamento de soro en Castrogonzalo (Zamora) e Vilalba.