Skip to main content
Axenda CaducadaTrabada

As festas patronais de Trabada terán lugar durante tres días

Por 9 Agosto, 2022Agosto 16th, 2022Sin comentarios

As festas patronais de Trabada na honra a Nosa Señora e a San Roque terán lugar durante varias xornadas do mes de agosto. Os actos relixiosos e as actuacións de orquestras do momento completarán a axenda festiva.

Así, o domingo 14 de agosto, comezarán as festas na honra a Nosa Señora e San Roque en Trabada ás 22.00 horas cunha Gran Churrascada, os asistentes poderán degustar queixo, pastelón de bonito, xamón cocido, costela de porco, chourizo, criollo, pan, bebida, sobremesa e café. O prezo será de 25 euros os adultos e 10 os nenos. Ás 23.00 horas dará comezo unha gran verbena cargo do grupo Montreal e disco móbil Decibelios.

Na seguinte xornada, a do luns 15, haberá sesión vermú ás 14.00 horas amenizada pola orquestra La Ola ADN, que ademais porá a nota musical pola noite na gran verbena xunto a disco móbil Decibelios.

O martes 16, comezará o día festivo coa celebración da sesión vermú amenizada por orquetra Fuego que volverá actuar na verbena de fin de festas ás 22.00 horas.