Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

As Escolas Vellas de Cervo acollen dende mañá a exposición A Queimada popular

Por 4 Agosto, 2022Agosto 31st, 2022Sin comentarios

As Escolas Vellas de Cervo acollen o venres 5 de agosto a inauguración da exposición A Queimada popular 40 anos de carteis, a cargo da asociación Airiños do Xunco.

Esta inauguración será ás 13.00 horas e poderase visitar durante todo o mes de agosto, en horario de 10.00 a 13.00 horas

Esta festa con máis de 40 anos de historia e tradición sempre vai da man dunha iconografía única que non deixa indiferente a ninguén. E cada cartel anunciador da festas da Queimada é unha obra de arte de Xosé Vizoso.

Durante este mes de agosto, poderase desfrutar de facer unha viaxe pola historia da Queimada a través dos carteis que a representaron, obra do talento deste artista con maiúsculas.