Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXAXove

Xove acollerá unha nova cita deportiva, o Día da bici, o vindeiro 25 de setembro

Por 27 Agosto, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

Xove acollerá unha nova cita deportiva, o Día da bici, o vindeiro 25 de setembro, organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético e en colaboración do Concello, a ACD Xove e Xove Costa Trail.

Esta cita deportiva dará comezo ás 11.00 horas, previa inscrición antes da saída, e dende o club xovense esperan “que todas as familias participen e desfruten dun bo domingo”.

Así, informaron de que será unha ruta corta polas rúas do Concello apta para todas as idades, e a ruta longa, para maiores de 7 anos, será duns 10 quilómetros.

Para participar serña necesario o uso obbrigatorio do casco e cumprimentar a ficha e dorsal antes da saída, e haberá un pequeno avituallamento o remate do evento. Tamén comunicaron que contarán cunhas estruturas de pump truck na praza do Concello se o tempo acompaña.