Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Quecendo motores para o Festival Osa do Mar de Burela

Por 30 Agosto, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

O Festival Osa do Mar de Burela vén de confirmar a programación completa da súa oitava edición do festival burelés que se celebrará a fin de semana do 2 e 3 de setembro.

O festival de música alternativa comezará o xoves 1 de setembro, para ir abrindo boca, coa cantante Leah Woods, que actuará no rincón a pé de praia. Xa o venres 2 de setembro, na praza do Concello, serán os concertos de Berto, Karavana, La La Love You e Anabel Lee.

Na xornada do sábado 3 poderase desfrutar da sesión Bearmú a cargo de Mariagrep, Niña Polaca e do gran Zé Pequeno. Durante a tarde de peixe no Barco Museo Bonitero Reina del Carmen, A Pedreira e Biela, porán a nota musical a partir das 18.00 horas. Pola noite, de novo na praza do Concello, será a quenda de Aiko El Grupo, Grande Amore, Arde Bogotá e The Rapants.

Como nos últimos anos contarán cos amigos de Grande Osso para animar o inicio, entre concertos e o final da xornada do sábado no escenario Vibra Mahou da praza do Concello de Burela.

As entradas están á venta na páxina web do festival ou na plataforma wegow, pode mercarse o bono para os 2 días, ou entradas para o venres e o sábado.
Os concertos do barco museo serán de balde.

Este festival está organizado pola Asociación Cultural Fanto Fantini que “segue coa mesma ilusión do principio, e traballamos para que esta oitava edición que estea moi viva”.

Polos escenarios do festival burelés pasaron artistas agora moi coñecidos coma C Tangana, Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Joe Crepúsculo, Cápsula, Familia Camagno, Malandrómeda, Arizona Baby, Terbutalina, Cala Vento, The Bots, Rufus T. Firefly, Viva Belgrado, Loco Playa, Orquesta Metamovida, Sexy Zebras, Esteban y Manuel, Brisa Fenoy, León Benavente, Ortiga, Ángel Stanich, Carolina Durante, Toundra, Verto, Niña Polca, Delaporte… e moitos máis.