Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Corgo celebra esta fin de semana o XVII Festival de Folk no rio Chamoso

Por 3 Agosto, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

Durante os días 6 e 7 de agosto daránse cita na praia fluvial do Corgo diversos grupos musicais de todo o panorama nacional. O festival da comezo o sábado as 18:30 con xogo e animación infantís para continuar as 21:00 cos concertos de Ros, Manuel Luna e Brena e Brath.

O domingo comeza o día con unha feira de artesania e unha exposción de maquinaria clásica e co concerto a 13:30 de Korrontzi. Xa pola tarde ás 16:30 terán lugar os concertos de Amado Lar, Banda de gaiteiros do Centro de Galicia, Grupo de pandereta de Vega da Espinareda e A lengua dereita. A actuación de Miguel Afonso ás 18:30 será o punto e final a este fin de semana cheo de música.