Skip to main content
Lugo

Comezan as obras de restauración e musealización da cloaca romana

Por 5 Agosto, 2022Sin comentarios

Comezan as obras que buscan a recuperación, restauración e musealización da cloaca romana situada no semisótano da sala de exposicións Porta Miñá, no barrio do Carmen. Esta infraestrutura foi descuberta en 1994 nunha intervención do Servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo que agora busca que sexa visible para todo o mundo.

Os traballos incluirán a adecuación do espazo para que sexa visible e accesible así como unha escavación máis profunda para un mellor estudo dos achados arqueolóxicos co fin dunha mellor restauración e conservación. Todo isto irá acompañado de un equipamento museográfico para facilitar a súa interpretación e contextualización.

Esta construción esta datada de mediados do século IV grazas a unha moeda acuñada entre o 341 e 346 d.c. e discorría baixo o decumanus maximus. Esta cloaca ten uns 13 metros de largo e unha anchura exterior de 1,5 metros con case un 7 por cento de desnivel.