Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O ciclo Mexer volve ó MIHL na súa segunda edición

Por 16 Agosto, 2022Agosto 21st, 2022Sin comentarios

O MIHL acolle esta fin de semana unha nova edición do Ciclo de Performance Mexer que organiza a Galería de Arte Solaina para a Área de Cultura do Concello de Lugo.

O ciclo Mexer nace no 2021 coa intención de amosar a importancia desta nova disciplina na arte contemporánea, en especial na galega. Nos últimos anos cada vez xorden máis artista no país que elixen esta disciplina como modo de expresión. Así convertese nun dos focos a prestar atención para entender a arte máis de vangarda da nosa terra. Mais pese ao prolífica que é, esta incumbe moitas difilcutades para a súa mostra e a súa utilización como método de vida para as creadoras. Porén, o Ciclo Mexer quere ser esa mostra performativa, ese apoio aos novos talentos galegos e unha forma de introducir esta disciplina nas redes museísticas.

Esta nova edición contará con 6 performers vidos de diferentes lugares, María Roja (Lugo), Sofía Fernández (Allariz), Noel Quintela (Monforte), Ariezzz (O Porriño), Akazie (Vigo) e Chex Nova (Madrid – Vigo). Seis artistas con 6 performance moi diferentes, dende obras en bucle, a reflexións sobre a tradición, pezas de danza contemporánea ou de Drag. Unha variada selección coa que se pretende amosar a variedade e pluralidade das artistas e obras que están a agromar por Galicia adiante.

Solaina é un novo espazo con sede en Lugo dende o que promover a arte e a cultura da cidade e de Galicia en xeral, e no que os artistas poidan coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súas pezas. Este proxecto está actualmente dirixido e curado por Sergio Marey, un novo artista lucense cuxo obxectivo é proporcionar “un espazo aberto a todas as artes e disciplinas, a calquera proxecto, coa intención de descentralizar a arte e achegala á sociedade”.