Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Vello Cárcere acolle esta semana a presentación de dous libros

Por 24 Agosto, 2022Agosto 25th, 2022Sin comentarios

O Vello Cárcere acolle esta semana a presentación de dous libros. Hoxe mércores 24 de agosto ás 20.00 terá lugar a presentación do libro Hasta el infinito y mas allá unha publicación que agrupa unha serie de relatos que invitan ao lector a soñar mesturando o real, o misterioso, o fantástico e facendo voar a imaxinación máis ala do final.

O xoves 25 ás 19.00 terá lugar a presentación de Travesías del sentir, un libro de relatos e ilustracións cheo de humor, maxia e transformación. Relatos que narran o cotiá dunha forma entrañable e sinxela, descubrindo a grandeza da vida nos pequenos detalles e rescatando do recordo o esencial.