Skip to main content
Lugo

O PP alerta do incremento da factura do Impulso Verde e o Concello lamenta estas críticas

Por 31 Agosto, 2022Sin comentarios

O Partido Popular considera “un despilfarro o saco sen fondo en que se está a converter a obra do edificio Impulso Verde, o icono do  desenvolvemento sostible da alcaldesa de Lugo”.

“Sen cuestionar o interese arquitectónico do edificio, e sen cuestionar a importancia de potencia os materiais empregados insisten en que facer un edificio deste nivel sen ter claro o uso e sen integrarlo no medio é tirar o diñeiro de todos os lucenses” aclaran os populares.

A concelleira popular Mar Carballas explica como “a última intervención adxudicada deste despropósito é o xardín vertical que cubrirá parte da fachada que se adxudicou o 11 de agosto por un importe de 26.226,29 € e queda pendente a iluminación das fachadas que se cubran con plantas para a cal se estima un gasto de 11.000 €” e dicir, o novo gasto ascende a 37.226,29€ aproximadamente.

Dende o PP insisten en coñecer os prazos de apertura do edificio que leva 9 meses de retraso así como as razóns polas que o acondicionamento exterior e os hortos VIP anunciados están en punto morto.

Ante estas declaracións dende o Concello de Lugo quere aclarar os seguintes puntos.

O edificio, como se informou desde un primeiro momento, terá usos administrativos, expositivos e acollerá un coworking de empresas vinculadas coa sostibilidade. É dicir, ten usos claros e definidos, como debería saber o PP, xa que se lles explicou en todas as comisión onde preguntaron, polo que, minten de maneira reiterada, faltándole ao respecto a cidadanía de Lugo.

Desde o Concello lamentan que o PP considere despilfarro a unha estratexia de sostibilidade que o Goberno local desenvolve da man do Campus Terra para impulsar edificacións máis sostibles utilizando os recursos naturais de Galicia e impulsar o sector forestal, clave en Lugo.

É unha mágoa que o PP estea instalado na crítica pola crítica, cando a Xunta de Galicia acaba de anunciar (despois de que Lugo lanzase esta estratexia e de que se convertise nun referente a nivel galego, estatal e europeo coa execución do primeiro edificio público en madeira 100% de todo o país)  axudas para impulsar o uso da madeira no ámbito da construción, incluso nas promocións públicas do propio Goberno galego.

O Goberno local lamenta, igualmente, que o PP de Lugo sexa a única organización que non solicitase coñecer o edificio, cando está recibindo visitas de estudantes e de profesionais de toda Europa