Skip to main content
Bóveda

A parroquia de Teilán desfruta das súas festas na honra ao Divino Salvador

Por 4 Agosto, 2022Sin comentarios

A partir de maña venres día 5 a parroquia de Teilan, no concello de Bóveda, celebra as súas festas que durarán ata o domingo 7 de agosto.

O venres día 5 os asistentes poderán desfrutar dunha pancetada e verbena amenizada polo dúo “La hora bruja”. O sábado 6 ás 13.00 horas terá lugar a misa maior, a procesión e haberá sesión vermú co grupo Montreal. Xa pola noite, será a queda do grupo Os parentes e de novo o grupo Montreal.

E por último o domingo 7, ás 13.00 horas haberá misa, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Pontevedra, quen tamén amenizará a verbena pola noite xunto cunha sesión de fogos de artificio.