Skip to main content
Láncara

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza cursos de piragüismo polo río Neira

Por 19 Agosto, 2022Agosto 20th, 2022Sin comentarios

Comeza o curso de piragüismo entre as actividades culturais e de ocio organizadas pola Asociación Cultural Val de Láncara. Terá lugar dende o día 16 e ata o 31 de agosto.

Este ano haberá 3 grupos con horarios diferentes: de 16.30 a 17.30 horas, de 17.30 a 18.30 horas e por último de 18.30 a 19.30 horas.

Para anotarse ou solicitar máis información está dispoñible o teléfono 634 233 163.

En caso de que non queden prazas libres no horario solicitado, a persoa será admitida no grupo seguinte.

O prezo do curso de piragüismo é de 5 euros por semana para socios e 10 euros para os que non o sexan.