Skip to main content
SamosTriacastela

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica visita as casas niño de Samos e Triacastela

Por 31 Agosto, 2022Sin comentarios

Jacobo Rey, realiza unha visita aos cativos das casas niño situadas nos concellos lucenses de Navia de Suarna, Samos e Triacastela.

Durante la xornada, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica lembra que “estas pequenas escolas infantís son 100% gratuítas para as familias e permiten crear recursos de conciliación e atención á infancia nos municipios menos poboados de Galicia.

O pasado mes de xuño publicouse unha nova orde no Diario Oficial de Galicia co aumento destes centros infantís elevando a 440 as prazas dispoñibles en toda a comunidade para nenos de 0 a 3 anos de idade. Isto supón a creación dende o ano 2016 dun total de 93 centros, dos cales 23 están na provincia de Lugo.

Jacobo Rey afirma tamén que “Galicia é un lugar máis cohesivo e familiar grazas á creación das casas niño, ao fomentar a igualdade de oportunidades entre o rural e a cidade”. Así mesmo, apunta que “estes centros permiten crear recursos de conciliación naqueles lugares onde non existía”.

O goberno galego sitúa entre as súas prioridades o impulso de servizos que axuden ás familias a desenvolver o seu proxecto de vida. Neste senso, neste próximo curso 2022-23, Galicia será pioneira en facer gratuíta a educación infantil en todas as escolas infantís, unha medida que beneficiará a 30.000 familias galegas.

Galicia conta na actualidade con 440 prazas nestas pequenas escolas infantís situadas en municipios con poucos habitantes. As casas niño son completamente gratuítas.