Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O PP de Pol insta ao Goberno local a acondicionar a ponte de Eiras

Por 10 Agosto, 2022Sin comentarios

O Partido Popular insta ao goberno local de Pol a acondicionar e dotar de seguridade na ponte de Eiras, na parroquia de Silva, para “evitar riscos para os seus usuarios. Hai moitos anos que está construída e, polo tanto, foise desgastando co paso do tempo”.A presidenta da xestora da agrupación local, Nicole Grueira, explica que “esta infraestrutura que se atopa na estrada que comunica o Porto de Eiras con Mosteiro se atopa en mal estado”. Por unha banda, “o estado do pavimento é deficiente” e, por outra, “non dispón de ningún mecanismo que garanta a seguridade viaria”. 

Os populares do municipio instan, polo tanto, ao goberno local a “iniciar de forma inmediata o proceso de cara á súa mellora” tendo en conta que constitúe “un risco para a seguridade dos veciños e veciñas que transitan polo lugar” ao non dispoñer de varandas ou outros elementos de protección.O PP local condena “o pasotismo” do goberno local ante este tipo de deficiencias en infraestruturas da súa competencia – como é o caso desta estrada municipal-; xa que, de non actuar, pode supoñer un “risco para os veciños e veciñas”.

Os populares xa reclamaran a mellora da rede viaria municipal que presenta moi mal estado, con numerosos baches que dificultan a circulación. Agora, ademais, propoñen a revisión de tódalas pontes e marxes das pistas para detectar posibles riscos para a seguridade viaria e, posteriormente, actuar para corrixir esas deficiencias.

BRIGADA CONTRA INCENDIOS

Por outra banda reclámalle ao goberno municipal que non solicitase á Xunta a axuda para a constitución dunha brigada contra incendios tendo en conta “o risco de incendios forestais nesta época na que estamos vendo que outros concellos loitan contra as lapas”.

Os populares consideran, polo tanto, “unha irracionalidade” perder a oportunidade de contar cunha brigada de cinco compoñentes que teñan como función a de realizar tarefas de cara á prevención de incendios. Así mesmo, condenan que “tampouco solicitara axuda para dispoñer dunha motobomba no noso municipio”. 

Dende o PP local lamentan que “a xestión socialista non considere importante dispoñer de tódolos recursos que sexan posibles para combater o lume en caso de necesidade. E máis aínda tendo en conta que a Xunta ofrece axudas a tódolos concellos para constituír brigadas, adquirir motobombas e realizar labores de desbroce mecanizado”. De feito, “a Xunta si concedeu axuda para o desbroce e, polo tanto, igual que solicitaron esta axuda poderían ter solicitado tamén brigada e motobomba”, puntualizan.

LUZ PÚBLICA

Así mesmo denuncian o abandono por parte do goberno local a un veciño da parroquia de Silva que non conta con luz pública. Ademais de non contar coa suficiente seguridade lumínica a vivenda non ten un bo acceso por estrada, pois está sen asfalto e en moi malas condicións. A asuencia de iluminiación pública produce un grave problema de seguridade, pois hai un alto risco de caída de persoas, de atropelos ou de accidentes de tráfico”.

Os populares explica que a “o veciño vive nunha casa que se construi fai case 200 anos e fai 10 anos, con outra veciña pagaron para poñer postes de luz desde A Santiña en Xerbolés ata a súa casa. O resultado foi un aproveitamento do goberno local que viu unha oportunidade para beneficiarse”.

Desde o PP de Pol reclámase ao goberno municipal que comece a preocuparse máis polos veciños dotándoos dos servizos básicos que lles corresponden en vez de “perder o tempo realizando promesas que nunca se van a cumprir”