Skip to main content
As Pontes

Abre o prazo de inscrición para un novo campus de rugby das Pontes

Por 1 Agosto, 2022Agosto 26th, 2022Sin comentarios

O Fendetestas das Pontes organiza este verán a V edición do Campus de Rugby, que terá lugar do 22 ao 26 de agosto. O prazo de inscrición para o mesmo xa está aberto e este remata o 8 de agosto.

Este Campus de rugby está dirixido aos máis novos de entre 4 e 16 anos, e levarase a cabo no campo artificial O Poboado.

O contido do campus centrarase en aprender as regras desta especialidade, as súas tácticas e as xogadas básicas con integrantes do equipo pontés. Tamén habrerá iniciación a outros deportes, visitas culturais e excursións.

As sesións irán das 10:00 ás 18:00 horas e os interesados en participar deberán facelo dirixíndose ao correo campus@crfendetestas.com. Haberá prezos diferentes dependendo do horario, xa que pode participarse só de mañá ou facendo o xantar e a poernoita. Os xogadores do club e os irmáns terán descontos