Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Dobre cita moteira esta fin de semana nas Pontes

Por 4 Agosto, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

Dobre cita esta fin de semana nas Pontes cos vehículos de dúas rodas. Este sábado, 6 de agosto, terá lugar a IV quedada Motera organizada polo Tribu Mohican Club, que se desenvolverá no  pavillón polideportivo a partir das 12.00 horas.

A sesión contará tamén con actividades paralelas como xogos e toro mecánico, comida e cea de irmandade e música, que estará ao cargo de Puzzle e de The Rock Legend.

O domingo 7 de agosto terá lugar a IV Xuntanza Motos Clásicas ‘Vila De As Pontes’ nos xardíns diante do Concello.

As rúas pontesas serán tomadas polos vehículos de dúas rodas, por máis de medio cento de motocicletas pero iso sí clásicas, con máis de medio século de vida nos seus motores.

Esta exposición de motos antigas fará as delicias dos amantes desde vehículo en todas as súas vertentes deportivas.

Haberá motos, ciclomotores, scooters, sides ….

As inscricións  xa están pechadas.