Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Volve o campamento de verán das Insuas de Rábade

Por 18 Agosto, 2022Sin comentarios

As mañás da última semana de agosto, do 22 ao 26 e en horario de 10.00 a 14.00 horas, volverá o campamento das Insuas de Rábade no que se reconectará coa natureza descubrindo as plantas e animais da zona.

Para participar haberá que reservar praza chamando ao 982 804 773 ou escribindo a info@galwy.com, xa que as prazas son limitadas e a inscrición é de 40 euros por participante e os irmáns destes nenos a 20 euros. O prazo para anotarse remata hoxe.

As actividades serán para nenos de entre 6 e 12 anos e comezará o luns cmbinando xogos, dinámicas, experimentacións e rutas coñecendo a flora das Insuas e como convivir con ela de xeito respectuoso.

Esta actividade realízase dentro do acordo de custodia asinado entre a Deputación de Lugo e a Asociación Galega de Custodia do Territorio para a realización de actividades de xestión, difusión e investigación nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte.