Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

O seteiro Santi González, do Iadovi de Cervo, participará no Campionato do Mundo de Tiro con Arco en Campo

Por 29 Setembro, 2022Setembro 30th, 2022Sin comentarios

O seteiro Santi González Villares, integrante do club Iadovi de tiro con arco desde hai catro anos, participará no Campionato do Mundo de Tiro con Arco en Campo que se celebrará do 3 ao 9 de outubro en Yankton (USA).

O Concello de Cervo apoia ao arqueiro Santi Gozález Villares que logrou, logo dunha tempada vertixinosa, ser seleccionado para representar a España. 

O arqueiro, integrante do club Iadovi, competirá, xunto con outros dous compañeiros, na modalidade de Arco Desnudo, tal e como lle anunciaron desde a Comisión de Alta Competición da RFETA,  tralos resultados do clasificatorio final celebrado os días 27 e 28 de agosto en Salamanca.

A delegación española estará formada por unha vintena de deportistas que competirán nas distintas modalidades.

O delegado de Deportes, David Rodríguez, e a tenente-alcalde, Dolores García Caramés, recibiron ao arqueiro para desexarlle sorte nesta fazaña e comprometeron todo o apoio da administración local que sufragará os custes da súa participación “nunha competición de alcance internacional que sitúa a Cervo como epicentro desta disciplina a nivel estatal”

Rodríguez quixo darlle os parabéns “pola incrible tempada que vén de realizar, cuxo colofón é poder competir coa selección española no campionato do Mundo e animouno a desfrutar dunha experiencia única “que moi poucos deportistas conseguen facer realidade”.