Skip to main content
Burela

O luns comeza o novo curso na Escola de Música de Burela

Por 11 Setembro, 2022Sin comentarios

O vindeiro luns, 12 de setembro, dará comezo o curso 2022-2023 na Escola de Música de Burela. Están previstas varias actividades de inicio tanto nos centros da zona coma actividades de rúa.

Como en anos anteriores a Escola de Música traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc.

Tamén se informa de que segue aberto ata o xoves 15 o prazo de matrícula. Para formalizar a inscrición deberán acudir á Sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10.00-14.00, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula.

Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola.