Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

As porterías do Vista Alegre de Burela contan cun sistema de seguridade único e pioneiro

Por 28 Setembro, 2022Setembro 29th, 2022Sin comentarios

O pavillón deportivo de Vista Alegre de Burela vén de estreae porterías cun sistema de seguridade único e pioneiro na provincia. Estas contan con características especiais que cumpren coa normativa de referencia e regulamentos federativos

Así, ten postes ovalados, moito menos agresivos para a práctica do fútbol sala, e escuadras reforzadas para evitar que podan ir abrindo co paso do tempo.

Tamén teñen estabilizadores e contrapesos para evitar volcamentos, fabricados en caucho 100% para colaborar co medio ambiente. As porterías inclúen un sistema pioneiro e único na provincia, que mellora a seguridade dos usuarios e facilita o seu manexo.