Skip to main content
Trabada

Os residentes do Centro de Maiores de Trabada desfrutan de aparatos biosaudables novos

Por 4 Setembro, 2022Setembro 6th, 2022Sin comentarios

Os residentes dos Centro de Atención a Maiores dispoñen dun conxunto de aparatos biosaudables para facer exercicio que instalou o Concello. O equipamento sitúase na zona exterior da residencia e é específico para traballar a psicomotricidade, mellorar o benestar e a saúde física e mental das persoas maiores.

En concreto, o Concello de Trabada instalou uns raís paralelos e un volante. Os primeiros serven para mellorar a forza muscular das extremidades superiores, ombros, peito e costas; e o segundo permite que dous usuarios á vez poidan traballar a coordinación e a flexibilidade.

“Tanto na Deputación de Lugo como no Concello de Trabada estamos comprometidos, e así o estamos a demostrar, co benestar dos nosos maiores. Temos claro que a atención ás persoas é prioritaria e traballamos de moitas maneiras para conseguilo”, sinalou a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

García Bermúdez destacou que “neste caso, a instalación non supuxo apenas esforzo económico para o Concello, porque xa tiñamos as máquinas, o que fixemos foi reparalas e cambialas de ubicación porque estaban infrautilizadas, pero para os usuarios e usuarias desta residencia supón moito, porque poden exercitarse ao aire libre dentro do propio centro, mellorando a súa calidade de vida, porque efectivamente no centro é donde deben estar e donde máis se van utilizar”.