Skip to main content
Xove

A piscina municipal de Xove publicou os horarios para esta nova tempada

Por 1 Setembro, 2022Sin comentarios

A piscina municipal de Xove vén de facer público os horarios para o público xeral para esta nova tempada que abrangue dende este mes de setembro e ata maio do 2023.

Así, de luns a venres a piscina abrirá as súas portas de 10.00 a 13.00 horas e pola tarde de 16.00a 22.00 horas. Os sábado abrirá de 10.30 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

A entrada para bañarse ten un prezo de 4 euros adultos e 2 para nenos de menos de 16 anos, sempre e cando non sexan abonados.

Para máis información sobre facerse socio, abonos, bonos ou cursos na escola de natación haberá que chamar aos teléfonos 982 592 205 ou 609 134 320.