Skip to main content
Xove

Aberto o prazo de preinscrición para a Escola de Música de Xove

Por 2 Setembro, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove vén de abrir o prazo de preinscrición para a Escola Municipal de Música de Xove para novos alumnos, pois os alumnos que desenvolveron a súa actividade na escola durante o pasado curso xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.

Dende o xoves 1 ata o venres 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a preinscrición para o Curso 2022-2023 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Tamén poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello.

Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.

Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na escola e unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos email carolina@xove.es ou xulianogueira@gmail.com, a seguinte documentación: o comprobante de ter feito a transferencia bancaria en concepto de matrícula por alumno e curso completo ata o 14 de outubro, incluído. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.