Skip to main content
Xove

Este sábado será o XI Encontro de Palilleiras de Xove

Por 29 Setembro, 2022Setembro 30th, 2022Sin comentarios

Este vindeiro sábado 1 de outubro Xove acollerá unha edición máis, a décimo primeira edición do seu Encontro de Palilleiras, esperando a chegada de 320 palilleiras de diferentes Concellos de Galicia e Asturias.  Tamén contarán con 18 postos de venda, onde participantes e visitantes poderán adquirir produtos relacionados con este mundo.

Como acto emotivo e especial reseñan que contarán cunha palilleira de 104 anos, que vai asistir ao Encontro coa Asociación “Tejiendo Sueños” de Viveiro. Esta palilleira é Isabel García Sierra e como din dende o Concello, “aínda só por vela, merece a pena de asistir a este Encontro”.