Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Burela acollerá o 24 e 25 de setembro a VIII edición do Festival Benéfico-Deportivo Alas de Vida

Por 6 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

Burela acollerá o vindeiro 24 e 25 de setembro a VIII edición do Festival Benéfico-Deportivo Alas de Vida, que conta cunha proba de andaina de distancia de 3 quilómetros e unha trail de 14 quilómetros.

A andaina terá saída na praza da Mariña ás 16.30 horas o sábado 24 e nela percorrerase o bonito paseo marítimo que levará aos participantes ata a praia da Marosa. Tamén haberá unha festa para os máis pequenos. A proba deportiva poderá realizarse andando, en bicicleta, en patíns…ou en calquer outro medio de locomoción humano. O fin último da proba é fomentar a unión entre a práctica deportiva, a promoción da saúde e a solidariedade.

O trail, terá saida o domingo 25 de setembro ás 10.30 na praza dá Mariña, será un percorrido por Burela e o monte Castelo dun 700 metros de desnivel acumulado e no que se desfrutará dunhas bonitas vistas do Concello e a súa costa. Sen unha gran dificultade técnica é un trail ideal para debutar neste deporte.

Está organizada pola asociación cultural Fanto Fantini, en colaboración co Concello de Burela. A recadación íntegra do evento irá destinada á asociación DebraPiel de Bolboreta que vela pola calidade de vida dos afectados pola devandita enfermidade. Por este feito, a proba carece de calquera tipo de premio en metálico.

Ao ser unha proba de carácter popular non terá clasificación nin premios. O custo da inscrición será de 3 euros recibindo os participantes unha bolboreta de feltro emblema da asociación DEBRA-Pel de Bolboreta.