Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Portocelo, en Xove, celebrará os días 9, 10 e 11 de setembro as súas patronais

Por 5 Setembro, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

As festas patronais da parroquia de Portocelo, no Concello de Xove, na honra da Nosa Señora celebraranse os días 9, 10 e 11 de setembro.

O venres 9, ás 21.00 horas terá lugar unha gran churrascada que dará paso á 23.00 hora a unha gran festa animada polo Dúo Chic e Tania Veiras.

O sábado 10, ás 10.00 horas a tirada de bombas de palenque anunciarán o comezo dos festexos e acto seguido, ás 13.30 horas, celebrarase a misa solemne e ao termo a sesión vermú a cargo de Nueva Fuerza. Pola noite, ás 23.00 horas, Nueva Fuerza tocará na verbena que estará animada tamén pola orquestra Gran Parada.

O domingo 11, repetiranse os festexos do sábado co lanzamento ás 10.00 horas de bombas de palenque. Ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne e acto seguido, ás 14.00 horas, os asistentes poderán deleitarse na sesión vermú coa música do dúo Zafiro.