Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

O Concello de Viveiro ofrece un contacontos inclusivo con linguaxe de signos

Por 20 Setembro, 2022Setembro 24th, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro anuncia a representación do contacontos inclusivo titulado A Maleta este sábado 24 de setembro. Esta iniciativa conmemora o Día Internacional da Lingua de Signos que se celebra este venres, 23 de setembro.

A cita será este sábado ás 18.00 na sala multiusos do Concello e diríxese á infancia a partir dos 5 anos. O espectáculo é gratuíto ata completar aforo e non é necesario reservar praza.

A representación inclúe un contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua oral. O espectáculo inclúese dentro da programación Ler conta moito.

“No Concello de Viveiro cremos que se a cultura non é de todos e para todos, non é cultura, por iso acollemos estas iniciativas que normalizan a inclusión”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.