Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Volve o encotro de fanzines e autoedición Vaia Vaia

Por 15 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

O festival de fanzines e autoedición Vaia Vaia celebrará a súa terceira edición os días 24 e 25 de setembro. Como novidade, este ano, o festival terá lugar na praza de Abastos de Lugo.

O festival contará con un mercadiño de fanzines onde moitos artistas do panorama local e nacional presentarán as súas creacións entorno a autoedición.

Ademais o festival contará tamén con dous obradoiros, un para adultos que será Supervivencia para serigrafistas apocalípticos o sábado ás 11.00. E para os máis pequenos o domingo as 12.00 o obradoiro Creative catives.

Durante toda a fin de semana haberá música para acompañar o festival. O sábado terá lugar o o concerto de Legítimo polvo ás 14.00 e ás 15.00 será a quenda de Dj Leidilei. Xa pola tarde haberá una sesión de micro aberto ás 17.00 e ás 20.30 a actuación de Dj You_el.

O domingo o concerto de Sofia terá lugar ás 14.00 e ás 15.00 terá lugar a actuación de Dj Uterzine. Volverá a haber sesión de micro aberto ás 17.00.

O Vaia Vaia contará con outras actividades como unha charla, o sábado ás 19.00 co título A edición será política ou non será ou a presentación da web serie Pringadas máis un coloquio coa directora o domingo ás 12.30.