Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O Fendestestas das Pontes abre a matrícula para a nova tempada

Por 12 Setembro, 2022Sin comentarios

O Club de rugby Fendetestas das Pontes abre o prazo de inscrición para a tempada 2022/23, que se inicia este mes de outubro.

O prazo de inscrición xa está aberto e esta pode facerse a través da web do club ata o 22 de setembro.

O Club conta con 3 bloques de traballo, por unha parte a escola, que está dirixida a pequenos de 4 a 11 anos e que dará comezo o día 2 de outubro e terá clases todos os sábados de 10.30 a 13.30 horas.

O seguinte rango de idade (de 12 a 17 anos), dentro da academia, terá clases os martes e os xoves, de 19.00 a 20.30 o primeiro e de 18.30 a 20.00 horas o segundo. Teñen data de inicio o 27 de setembro.

No terceiro grupo están os sénior, que xa comezaron o seu traballo o 30 de agosto e que teñen adesttramento os martes e xoves a partir das 20.00 horas. No equipo están integrados os maiores de 16 anos.

Os que desexen información ou inscribirse poden poñerse en contacto co club no whasapp 604 040 408 ou no correo info@crfendetestas.com.