Skip to main content
AbadínAxenda Caducada

Montouto, en Abadín, celebra as súas patronais

Por 9 Setembro, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

Montouto, en Abadín, tamén estará de festa a fin de semana na honra á Nosa Señora. Empezarán o sábado coa misa maior ás 13.30 horas seguida da procesión e a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra M3 Show.

Pola noite repetirá tamén a orquestra da mañá e actuará Fania Blanco Show.

O domingo volverá haber oficio relixioso á mesma hora e a sesión vermú e verbena estará ao cargo do grupo JB Son.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.