Skip to main content
AbadínAxenda Caducada

Abadín acolle en Moncelos un curso sobre seguridade no fogar

Por 8 Setembro, 2022Setembro 14th, 2022Sin comentarios

O día 14 de setembro, mércores, celebrarase no Colexio de Moncelos un Obradoiro de Seguridade no fogar das persoas maiores, organizado a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. O horario será de 16.00 a 20:00 h da tarde.

Os obxectivos deste obradoiro consisten principalmente en proporcionar a coidadoras e coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar así como fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

O programa dará comezo falando de seguridade na realización das axudas da vida diaria no fogar (na cociña, no baño, no dormitorio ou no salón), para seguir falando de caídas, dentro e fóra do fogar. Tocarse o tema das barreiras arquitectónicas, así como dos accesorios de axuda (canas, cadeiras de rodas, andadores, etc.) e dos riscos que supoñen por exemplo alfombras ou mobles.

O curso finalizarán con información sobre as novas tecnoloxías como facilitadoras da seguridade dentro e fóra do fogar.