Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

A comisión de festas en Roimil, Friol, organiza unha cea baile

Por 21 Setembro, 2022Setembro 24th, 2022Sin comentarios

A comisión de festas de Roimil, en Friol, organiza este sábado, 24 de setembro unha cea baile no local social do Campo da Feira.

A cea constará de dous pratos, postre e café e haberá música para animar a noite. Todo isto a un prezo de 20 euros.

Para asistir é preciso anotarse previamente e pode facerse nos teléfonos de Carlos Piñeiro (619 888 695), Pablo Gundín (626 821 229) e Manolito (610 576 459)