Skip to main content
As Pontes

Xa se ponden recoller as axudas á escolarización nas Pontes

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes publicou a resolución definitiva das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/fillas para o curso 2022-2023.

Segundo as bases reguladoras específicas das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as para o curso 2022/2023, trala resolución de concesión da axuda económica, as contías serán aboadas mediante a entrega dun vale indivisible e canxeable polo dito material escolar, as persoas solicitantes propostas como beneficiarias.

Deste xeito, a persoa beneficiaria acudirá ás oficinas de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso) para retirar o vale da axuda concedida, dende as 08:30 ás 14:00 horas.