Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

A tirada de bolos de Lago foi a primeira das 18 previstas para esta tempada en Xove

Por 20 Outubro, 2022Sin comentarios

A tirada do Centro Social de Lago foi a primeira das 18 previstas para esta trixésimo cuarta temporada, vixésimo terceira no caso da Liga Sub 16 e décimo cuarta para Liga Senior Feminina.

“Non hai cambios sustanciais para esta tempada, xa que seguimos cunhas regras e normativa similares a anteriores edicións”, din dende a organización.

O gran reto para esta temporada vai a ser o mesmo que os últimos anos, “o de incorporar nenos e rapaces a este deporte”, engaden, “sabemos que a pervivencia do deporte popular e deste en concreto pasa por integrar ás novas xeneracións no coñecemento e práctica do mesmo, que inda que sabemos  minoritario, si ten unha gran importancia no noso acervo popular”.

Neste momento están en contacto co Departamento de Deportes do Colexio Pedro Caselles para que todos os alumnos dos cursos superiores participen nunhas xornadas de promoción, na que se lles vai explicar de forma teórica e práctica os intrígulis deste deporte, co fin de que polo menos algúns deles se incorporen á nosa Liga.

Por Mario Eijo Barro.

Campo mollado (choveu unha boa parte da tarde) e inda así en excelentes condicións, e moi boa temperatura para esta primeira tirada da XXXIV edicción do Campeonato de Bolos que o Concello de Xove organiza ininterrompidamentre dende finais dos anos oitenta do pasado século.

Este ano cambiouse a ubicación da bolera dentro do campo do Centro Social de Lago, polo cal podemos decir que estivemos de estreno, cun novo espazo de xogo e unha nova finqueira (pedra onde se ubican os bolos).

Algo común a todas as categorías deste campionato nesta primeira tirada é a baixa forma da práctica totalidade dos xogadores. A falta de rodaxe e o parón dende o remate da tempada pasada pasoulle factura ao xogo visto o sábado en Lago, que se veu referexado tamén nos baixos tanteos acadados por unha boa parte dos participantes.

No tocante á Liga Senior Masculin, victoria do incombustible Arturo Vigo, que volve á competición xa que a pasada temporada a pasou apartado da competición debido a problemas físicos. Esperemos que este ano as lesións o respeten. Pola súa parte, o vixnte campión, Miguel López, comezou marcando territorio e nunha excelente tarde acadou a segunda posición, manifestando que sigue en forma, disposto a aspirar a todo. Completaron os primeiros postos Rafael González e os xoves Javier Alonso e Xenso Salgueiro. Este último, campión da pasada Liga sub 16, coa quinta posición e a mellor bolada podemos decir que tivo un excelente estreno na súa primeira tirada nesta categoría.

Na Liga Senior Feminina, a vixente campiona desta categoría Julia López comezou marcando territorio, e coa victoria e a mellor bolada está claro que, salvo lesións ou outras vicisitudes, ér a gran favorita para o título final.

A próxima tirada vai ter lugar no Club Palmeiro o sábado 22 de outubro.