Skip to main content
Burela

Alumnos do Lycée Renée Descartes están de intercambio no IES Perdouro de Burela

Por 20 Outubro, 2022Sin comentarios

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu ao alumnado do Lycée Renée Descartes, que se atopa de intercambio co Ies Perdouro de Burela.

O rexedor deu unhas palabras de benvida aos rapaces e rapazas que veñen desde Rennes, a capital da Bretaña francesa, e que están a realizar distintas actividades para integrarse na vida do municipio.

Así mesmo, fixo entrega duns pins institucionais a cada alumno e alumna xunto co concelleiro de Educación e Cultura, Jose Díaz, e deu un agasallo ao centro, elaborado pola Fundación Eu Son, explicando aos presentes a simboloxía e vencello con Burela, despois de sinalar as principais características deste pobo mariñeiro, como as singulares artes de pesca ou as máis de 40 nacionalidades que conviven no mesmo.

Llano desexou ao alumnado unha boa estancia “nun lugar que merece a pena coñecer e ao que agardo que nalgún momento queirades volver”.