Skip to main content
Mondoñedo

A Deputación destaca a importancia gandeira e tradicional das San Lucas de Mondoñedo

Por 18 Outubro, 2022Sin comentarios

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu ao día grande das festas das San Lucas, en Mondoñedo. Participou na recepción oficial que tivo lugar no Concello e no acto de irmandamento entre as cidades de Ferrol e Mondoñedo, con motivo do Día de Ferrol, na entrega de premios do concurso de gando que acolleu o Campo da Feira, e tamén na inauguración da exposición As San Lucas, dende 1156, que acolle o auditorio Pascual Veiga.

Roberto García subliñou “a importancia destas festas, con especial atención neste día que é unha data marcada no calendario da provincia, sobre todo para as veciñas e os veciños que se dedican ao mundo gandeiro”. “Estas feiras están consideradas como as máis antigas de Galicia, e dende a Deputación de Lugo aquí estaremos para darlle apoio e visibilidade a esta cita, na que sempre resultan concursos gandeiros de alta calidade, unha importante venda de animais e onde nunca falta a tradición de xantar un bo polbo á feira”, subliñou.