Skip to main content
Vegadeo

Vegadeo presentou a campaña de educación ambiental

Por 13 Outubro, 2022Sin comentarios

Desde Vegadeo presentaron a campaña de educación ambiental Echar la basura en su lugar nos hace mejor, esta campaña ten o obxectivo de fomentar a reciclaxe entre os vegadenses, por que reciclar é aforrar recursos e diñeiro que serven para mellorar o municipio.

En Vegadeo teñen 4 contedores diferentes, a fracción envases, cartón e papel, vidro e restos, ademais contan tamén cun punto limpo con contedores para aceite e para roupa. O punto limpo está en Varres, na avenida de Asturias, Castropol.

Para dar a coñecer a campaña e sensibilizar aos veciños da importancia da reciclaxe, o Concello de Vegadeo realizou en xullo diferentes accións. Nunha fase inicial repartíronse folletos con información sobre que residuos deben ir a cada contedor, xogos e os principais beneficios da reciclaxe. Tamén houbo charlas para sensibilizar á hostalería e os comercios.

Xa neste mes será a quenda dos centros escolares, onde o Concello realizará unha serie de actividades lúdicas, a través das cales os cativos aprenderán sobre a reciclaxe.