Skip to main content
Vegadeo

Aberta a convocatoria para o certame III  Exprésate contra la violencia de género do Concello de Vegadeo

Por 31 Outubro, 2022Sin comentarios

Aberta a convocatoria para o certame III  Exprésate contra la violencia de género do Concello de Vegadeo e no que poderán participar persoas de entre 12 e 20 anos.

Poderase presentar como máximo unha frase ou párrafo por persoa, indicando o pseudónimo, e irá acompañado dos datos do concursante. As frases ou párrafos deberán ser orixinais e a temática será a dedicada á sensibilización da sociedade contra esta lacra social.

O prazo de presentación remata o 14 de novembro e poderán presentarse nas oficinas do Concello, na oficina Xoven o na Secretaría do Instituto Elisa y Luis Villamil.

Establécense tres premios, un primeiro composto por tres vales de compra valorados en 50 euros, un segundo con dous vales de 50 euros, e un terceiro cun só vale valorado en 50 euros.

Os gañadores, ademais dos vales, recibiránun  recoñecemento nos actos conmemorativos do Día Internacional contra a violencia de xénero.